logotipo Acquariumgalicia

idioma:

 bandera España castelán - bandera Galicia galego

Plan integral de investigación e desenrolo

O seguinte documento conforma o resumo do programa integral que Acquariumgalicia leva desenrolando durante estes últimos anos en todas as súas actividades de divulgación, investigación e educación ambiental. Supón unha aposta formal e decidida pola Interpretación Ambiental como ferramenta innovadora para a comunicación de mensaxes e temas de maneira amena, didáctica e organizada.

Preséntase a través de catro programas distintos que se integran, intercambiando información entre eles e conformando un programa pioneiro no ámbito da empresa privada envorcada á divulgación e conservación do medio mariño.


marca de principio de línea  Obxectivos Xerais

- Brindar solidez teórica e aplicada ao manexo e xestión dos recursos biolóxicos e ambientais do acuario e da área de influencia da comarca do Salnés.

- Elaborar e evaluar novas estratexias e actividades divulgativas no ámbito do turismo ambiental, convertindoo nunha fonte de resursos sostibles e válida para o desenrrolo rexional.
- Proxectar Acquariumgalicia a nivel nacional e internacional como un lugar de recursos humáns e programas interpretativos de primeiro nivel.

marca de principio de línea  Programa de formación

O programa de formación pretende convertir o acuario e demáis instalacións nun referente local e provincial de formación ambiental e inversión no desenrolo sostible dos recursos naturais, e do patrimonio cultural e etnográfico.

marca de principio de línea  Programa de educación

O programa de educación ten como obxectivo elaborar unha planificación educativa integral dentro do programa anual de visitas que estudiantes de toda Galicia realizan cada curso académico.

marca de principio de línea   Programa de interpretación

O programa de interpretación ten un eminente abordaxe temático, e está destinado a brindar todos os servicios de planificación, asesoría, acompañamento de grupos e asociación a unha imaxe de destino de ocio natural para o complexo.

marca de principio de línea  Programa de investigación aplicada

O programa de investigación aplicada é unha aposta pola ciencia tanto no campo biolóxico como educativo, aumentando os coñecementos dos recursos naturais e didácticos que posee o acuario e a sua área de influencia.
Unha das nosas monitoras dando un curso

Outros programas


marca de principio de línea  Cultivo de ameixas (castelán)

marca de principio de línea  Cultivo de macroalgas (castelán)

Punta Moreiras s/n - Reboredo - O Grove (Pontevedra) - T. 986 73 15 15

Aviso legal    |    Mapa do sitio
Valid XHTML 1.0 Transitional