A FORMACIÓN é unha das apostas principais da nosa empresa de cara a converter Acquariumgalicia nun referente de primeiro orde en formación ambiental a nivel nacional.
Dentro do proxecto de I+D existe un subprograma de FORMACION, que á súa vez está dividido en DOUS MÓDULOS, con obxectivos e plantexamentos diferenciados.
O seu obxectivo é apoiar a formación continua e comunitaria do equipo de intérpretes e guias do acuario, desarolando un programa formativo baseado nos seguintes principios:
1) Reducir a teima aos erros e á crítica e, con iso, favorecer o enriquecemento individual e o colectivo.
2) Estimular o pensamento creativo, abrindo vías para unha acción innovadora.
3) Dar oportunidade á práctica de técnicas interpretativas, alentando a inclusión de matices personaes en ditas técnicas.
4) Posibilitar que os máis experimentados amplíen os seus coñecementos en técnicas específicas e que axuden ao que está empezando.
Dentro do programa inclúese a formación sobre distintos temas que se irán organizando en obradoiros e cursos ao longo de todo o ano:
- Abordaxe Interpretativo da Comunicación.
- Procesos para cautivar audiencias.
- Como escribir e desenrolar mensaxes ou temas.
- Como planificar e preparar charlas guiadas.
- Segredos para falar mellor en público.
- Estratexias para axudas visuais.
- Como preparar e conducir unha visita guiada.
Cada ano o Departamento de Extensión e Interpretación ambiental abre as portas do acuario nun curso de iniciación ás técnicas de comunicación e manexo de grupos en equipamentos de lecer e turismo, formando e preparando o equipo de guías-interpretes que traballan durante a tempada escolar e turística.
A sua intención é desenrrolar un programa anual de cursos, obradoiros e actividades que aposten pola formación de profesionais e especialistas na interpretación e divulgación do medio mariño.
Dende o ano 2002 levamos desenrrolando. en colaboración coa asociación GALLAECIA, cursos de especialización e extensión universitaria (apoiados polo Vicerrectorado de Extensión Universitaria da Universidad de Vigo), sobre a interpretación como técnica fundamental para a comunicación efectiva de mensaxes, a xestión e o manexo dos recursos ambientais.
Do 20 ao 23 de setembro de 2005, Acquariumgalicia, a Universidade de Vigo e a Asociación GALLAECIA volven a ofrecer o curso de Extensión universitaria "INTRODUCIÓN Á INTERPRETACIÓN AMBIENTAL" nas instalacións que Acquariumgalicia ten no Grove (Pontevedra).
Os seus obxetivos son:
1) Definir os diferentes conceptos de Interpretación Ambiental.
2) Identificar o lugar da Interpretación Ambiental dentro da Comunicación, a Educación Ambiental e a Consevación do noso patrimonio cultural.
3) Estudiar a filosofía e principios básicos da Interpretación.
4) Establecer o rol fundamental da interpretación como medio para cumprir obxetivos de conservación.
5) Dotar de técnicas básicas de comunicación para planificar, preparar e presentar charlas e actividades de educación e interpretación ambiental.
O curso está dirixido por D. Eduardo Martinez Domínguez e impartido por varios profesionais do sector da interpretación e do ecoturismo en Galicia e o extranxeiro.
Punta Moreiras s/n - Reboredo - O Grove (Pontevedra) - T. 986 73 15 15