Visitas guiadas| Infantil - Historias baixo o mar | Dur. 60 min. |
| A través dun conto adaptado á realidade do acuario, os estudiantes son introducidos nun mundo submarino, onde descubrirán que o mar é un lugar habitado por organismos de miles de cores e formas. Tocando, escoitando e observando poderán descubrir o mar a través dunha historia narrada. |
|
| Primaria - Loitando pola supervivencia | Dur. 60 min. |
| O mar é un medio cambiante. Un mundo gobernado polas leis do agua. Os organismos mariños enfrentanse cada día ao desafío de resistir a oleaxe, de buscar alimento, de defenderse dos depredadores. Unha aventura que lles obriga a adaptarse, a buscar mecanismos que lles permitan sobrevivir. |
|
| Secundaria - Un oasis no medio do mar | Dur. 60 min. |
| As rías galegas son o hábitat de miles de especies animales e vexetales. Un rincón do mar cheo de vida, donde o alimento marca o comezo da cadea trófica mariña, conformando un dos ecosistema máis productivos da costa atlántica europea. | |
| Superior - A arte de pescar | Dur. 60 min. |
| Durante anos descubrimos no mar unha fonte de recursos case inagotable. O noso inxenio e habilidade leváronnos a descubrir unha enorme cantidade de formas para aproveitar os recursos, convertindo a pesca nun arte milenario que marca a nosa íntima relación histórica có mar. | |
Obradoiros| Nós - Entre cabos anda o xogo | Dur. 60 min. |
| Os nós supoñen unha axuda insustituible na navegación. A xente do mar ideou diferentes tipos de nós en función do uso ou labor que desempeñan. Cada nó ten unha misión, un traballo que facer. Aprendemos cómo facelos, con varios niveis de dificultade según a idade dos estudiantes, construindo o noso propio cadro de clasificación. |
|
| Intermareal - Camiñando entre mareas | Dur. 90 min. |
| Actividade pola praia para descubrir como a vida se abre paso entre mareas, un dos lugares onde vivir é unha aventura. Inclue un xogo de descubrimento colectivo no que os estudiantes descubren, de maneira divertida, a enorme biodiversidade do litoral galego e as adaptacións de cada especie para sobrevivir. | |
| Salga - Coas mans en conserva | Dur. 80 min. |
| A historia da pesca fala de pescadores, mareas...e de sal. Moits foron as salgazóns que impulsaron a economía pesqueira na Galicia de séculos atrás. Visitamos in situ unha salgazón rehabilitada, intentando comprender o proceso da conservación do peixe en sal. Ao final facemos unha práctica de conserva para levála a casa. | |
| Pesca - ¿Que pescas? | Dur. 60 min. |
| A través dun xogo participativo de simulación, os estudiantes investigan a evolución da pesca e os efectos dos cambios tecnolóxicos nas técnicas pesqueiras, analizando os diferentes factores que afectan ás poblacións naturais de peixes, provocando a sobreexplotación dos caladeros. Ademáis: Obradoiro de Contaminación Mariña, Cartografía e Náutica, Moluscos, Infantil e outros. |
|
Itinerarios| Porto e lonxa - Do mar ao noso prato | Dur. 90 min. |
| O Grove é unha localidade aberta ao mar. Un percorrido polo seu porto abrenos as portas ás embarcacións tradicionais de Galicia e ás diferentes artes de pesca utilizadas. Si o horario se axusta á actividade da lonxa, coñeceremos por dentro o seu funcionamento e a súa vida cotiá. |
|
| O Grove - Unha vila abrazada ao mar | Dur. 90 min. |
| Ruta interpretativa que ascende da praia de A Lanzada ao Monte Siradella, para descubrir unha península abrazada ao mar, construida a golpe de vento e marea, de oleaxes e raíces que fortalecen a terra e as xentes do mar que habitan nela. | |
| A cada paso deixas a tua pisada no litoral | Dur. 90 min. |
| Ruta interpretativa que parte do acuario e percorre a costa ata a lagoa Bodeira, zona comprendida dentro do Complexo Intermareal Umia-O Grove. Descubriremos os diferentes usos que facemos da terra, observando como a agricultura e a pesca conviven nesta terra. |
|
Navegación| Catamarán Visión I - Os segredos da ría | Dur. 75 min. |
| Actividade renovada que inclúe unha viaxe a bordo do catamarán VISION I. Reconoceremos o fondo do mar e as especies que o habitan, descubrindo, a través do cultivo de bateas, por qué Arousa é un dos rincóns máis productivos da costa galega. |
|
| Grumetes a bordo - Aprendendo a navegar | Dur. 120 min. |
| Esta actividade desenrolase no veleiro clásico Nauja, e quere amosarnos os coñecementos básicos para navegar. Un patrón axudaranos a interpretar as señalizacións marítimas, a manexar os equipos de comunicación e seguridade, a posicionarnos nunha carta náutica, e a recoñecer os diferentes barcos e as suas partes. Intentaremos que os participantes aprendan a confeccionar nós mariñeiros. | |
| A escola do mar - Navegando medio día | Dur. 3/4 h. |
| Navegación pola ría de Arousa a bordo do veleiro Nauja. Durante a travesía os participantes aprenden nocións básicas para navegar a vela, entenden a orixe e funcionamento das rías galegas, e comprenden a importancia do cultivo de moluscos bivalvos na vida cotiá da xente do mar. | |
Colexios e mochilas| Actividades en colexios | |
| Dende o ano 2004 puxemos en marcha o PROGRAMA DE ACTIVIDADES EN CENTROS EDUCATIVOS. Ofrecendo actividades variadas que son desenroladas polo noso equipo de educadores e comunicadores que se desplazan para traballar nas aulas. Son obradoiros e charlas interactivas, de entre 1 e 2 h. de duración, que abarcan temas de gran importancia para a conservación dos nosos recursos ambientais. OBRADOIROS E ACTIVIDADES: Cartografía e náutica, Artes de pesca, Nós mariñeiros, Papel reciclado, A auga como recurso vital, Contaminación mariña, Enerxías renovables, Conserva en salgazón, Residuos, Emisións CO2. CHARLAS E AUDIOVISUAIS: Os ritmos da vida, Aves mariñas: viaxando sobre o mar, Os cultivos mariños en Galicia, Delfins e Baleas, Os sons da Natureza * Solicita máis información ao noso Dpt. Extensión e consulta os precios en función do grupo e da época do ano. |
|
| A mochila ao ombro | |
| En Acquariumgalicia levamos dous anos traballando nun programa educativo que busca introducir aos xóvenes no MÉTODO CIENTÍFICO, como unha ferramenta fundamental para a observación do litoral e a solución de problemas ambientais das nosas costas. Durante o curso 2004-2005 participaron 14 centros educativos de municipios ribeireños das rías de Arousa e Pontevedra, con máis de 500 estudiantes que seguiron un proxecto en tres fases: FASE 1: Traballo previo cós profesores para incluir a actividade no ciclo lectivo, e cós estudiantes para organizar o traballo de campo. FASE 2: Traballo de campo. Toma de datos e observación do área de estudio (PRAIA CERCANA OU ZONA LITORAL DENTRO DO TEU MUNICIPIO) FASE 3: Seguimento dos estudiantes nos centros para organizar os datos, discutir os seus resultados e elaborar as conclusións para o seu PROXECTO FINAL. O teu centro educativo tamén pode participar neste programa, centrado en alumnos de 2º Ciclo da ESO e Bacharelato. Consulta co noso equipo de investigadores e educadores as distintas opcións e presupostos para desenrolar unha actividade innovadora no teu municipio. |
|
Viaxes e paquetes| Viaxes e estancias | |
| Un novo programa integral de VIAXES e ESTANCIAS polas Rías Baixas, có Grove como centro de operacións. Apostamos por entregarche un programa profesional e planificado, ofrecéndote unha serie de actividades educativas para que os estudiantes, se divirtan descubrindo a nosa terra galega. Ofrecemosche VIAXES TEMÁTICOS ou Á CARTA. Si só queres viaxar, e despreocuparte do resto de cousas, podes deixar a organización da tua viaxe nas nosas mans. Nos facemonos cargo de todo. PROGRAMAS TEMÁTICOS: programas de varios días que integran varias actividades organizadas, có obxetivo de entregar ao estudiante unha mensaxe, unha idea a través da cal descubrir unha parte de Galicia. Son programas completos e planificados. PROGRAMAS Á CARTA: Ti elixes qué queres facer e coñecer. Ofrecemosche todas as actividades posibles, para que en función da vosa disponibilidade e gañas, podades elexir unha viaxe que se axuste as vosas expectativas. Consulta sempre ao noso Dpt. Extensión para que te asesore na tua viaxe. |
|
| Paquetes promocionais | |
| Recomendamos actividades en conxunto: ACUARIO + CATAMARÁN ACUARIO + OBRADOIRO ACUARIO + GRUMETES ITINERARIO + OBRADOIRO Poden solicitar información previa á sua viaxe no noso Dpto. Extension. Para un maior disfrute dos estudiantes, recomendamos fagan as suas reservas canto antes, evitando concentrar as suas visitas nos meses de maio e xuño. |
|
Punta Moreiras s/n - Reboredo - O Grove (Pontevedra) - T. 986 73 15 15