Acquariumgalicia S.L. abreu as suas portas o 17 de Maio de 1997 (Día das Letras Galegas 1997) convertíndose no primer acuario de Galicia. Foi construido en Punta Moreiras, unha pequena lingua de terra totalmente rodeada polo mar, na costa noroeste da península do Grove, onde a vida está fortemente vinculada ao mar. Cada ano máis de 100.000 personas visitan o acuario, dos cales 15.000 son escolares inmersos en programas e actividades educativas. No ano 1999 o acuario amplía as suas instalacións coa construcción dunha nova zona de recepción e atención aos visitantes, así coma un novo Espacio Activo onde inaugura “Golfiños no Azul”, exposición temporal sobre a presencia de cetáceos en toda a costa galega. Ao ano siguinte o acuario abre un novo tanque específico para o coidado e mantemento de nutrias en cautividade. Comeza así un dos programas máis novedosos do acuario, intentando recuperar a memoria visual da nutria común, un dos iconos principais da fauna fluvial de Galicia. No 2001, continuando coa ampliación temática e apertura a novos servicios turísticos, o acuario inaugura o Aviarium, un espacio ao aire libre onde poder observar o voo e as técnicas de caza das aves de presa máis representativas da nosa xeografía. Tras 5 anos funcionando, o acuario comeza en outubro do 2002 un proceso de renovación e tematización das suas instalacións e servicios, a través dun plan integral de I+D a tres anos. Con él o acuario convirtese nun equipamento ambiental que facilita a cada visitante a comprensión e interpretación do patrimonio ambiental e cultural da Galicia mariñeira.
Punta Moreiras s/n - Reboredo - O Grove (Pontevedra) - T. 986 73 15 15