|
|
Escacho
(Trigla lucerna)
Datos:
O escacho... ¿ Un peixe con patas? A súa forma e o tamaño da cabeza convérteno nun peixe fácil de identificar. As súas aletas azuladas permítenlle planar e modificar a velocidade de natación como lle pete. Unha das imaxes máis frecuentes é velo “camiñar” sobre o fondo coa axuda de tres radios libres das súas aletas pectorais, que utiliza para rastrexar o fondo e detectar as súas presas, que habitualmente son moluscos, crustáceos e peixes pequenos que atrapa ó asexo. Situación:
Infralitoral areoso e Corrubedo
Habitat:
Morador de fondos areosos, fango ou gravilla entre 20 e 300 m de profundidade. É un bo nadador, bastante móbil, e no verán atópase preto da superficie. Alimentase de crustáceos e moluscos. Fotos: |
|
Punta Moreiras s/n - Reboredo - O Grove (Pontevedra) - T. 986 73 15 15