Acquariumgalicia é unha empresa privada de capital galego, que naceu en 1996 co afán de planificar, construir e xestionar o primeiro acuario de Galicia. Para elo escolleu a localidade do Grove, un lugar cheo de historias escritas a golpe de marea, onde home e mar se mesturan máis alá do tanxible. Así o 17 de Maio de 1997, Acquariumgalicia abría as súas portas e convertíase na primeira instalación acuarística da comunidade galega, volcada á divulgación dos nosos mares e a conservación do patrimonio marítimo. Ao longo do ano son innumerables as familias, operadores turísticos, centros educativos, asociacións e particulares que nos visitan para coñecer as riquezas das nosas rías e comprender a importancia do mar no desenrrolo local da comunidade galega.
POL é un polbo, que tras percorrer os recantos da costa galega, decidiu quedarse un día no Grove, e converterse na mascota de Acquariumgalicia, para amosarnos as riquezas ocultas dos nosos mares, contando historias sobre o home e o mar de galicia.
Punta Moreiras s/n - Reboredo - O Grove (Pontevedra) - T. 986 73 15 15